Monday 29 de April de 2024

O BNG de Arteixo, a través da súa representación no parlamento galego, emenda os orzamentos da Xunta para 2024 ante a “inversión 0” do goberno da Xunta no noso concello.


“ O tralado ou soterramento das LAT de SoleMar, un novo CEIP en Educación, a apertura vespertina dos Centros sanitarios de Meicende e Vilarrodís e o estudo para o rescate da AG 55 son as prioridades que mellorarían a vida da sociedade de Arteixo”.

O BNG de Arteixo propuxo ao grupo parlamentar do Bng no Parlamento Galego emendar os orzamentos da Xunta do vindeiro exercicio pois, un ano máis, Arteixo practicamente se queda sen previsión de inversión por parte Xunta cando desde o Concello se gastan moitos recursos de competencia do goberno autonómico.

Propoñemos un estudo de rescate da AG 55 que afecta a toda a comarca da Coruña e tamén de toda a Costa da Morte e que melloraría a comunicación de toda estas comarcas ademais de que aliviaría o “peto” de tantos autónomos e empresas que circulan a diario por ella. É moi necesario o rescate se queremos que a arteria principal, económica e social, sexa a que de un cambio sustaciable aos centos de miles de persoas que se pode beneficiar dela.

Así mesmo, a calidade de vida dos veciños e veciñas de SoleMar e de Arteixo, pasa polo tralado ou soterramento das Liñas de Alta tensión que veñen sufrindo xa desde hai décadas. O BNG de Arteixo aposta firmemente por este modificado do traslado das Liñas e por iso aparece nas emendas con 5 millóns de euros para o primeiro ano porque sabemos que sería un investimento plurianual.

Arteixo é un dos poucos Concellos nos que medra a poboación e por iso tamén achegamos a creación dun novo colexio para o noso municipio. É unha realidade, desde hai anos, a saturación actual nos centros escolares de Arteixo. A importancia deste centro escolar víase en que nos últimos exercicios ían partidas para o centro escolar. A construción do novo CEIP aparecía en exercicios anteriores, 2021 e 2022, coa cantidade de 50.000 euros para o seu proxecto e no 2023, e agora no 2024, desapareceu o que indica que a Xunta deu prioridade a outros investimentos e unha vez máis a educación queda relegada pero que aparecese neses anos pasados indica da necesidade da súa construción.

O concello que xa supera os 33.000 habitantes. Arteixo ten unhas deficiencias notables en canto á sanidade e atención primaria que ano tras ano aumentan porque non se mellora nin actualiza.
Cómpre que os centros de Meicende e Vilarrodís amplíen a súa xornada e incorporen a quenda de tarde. Un servizo imprescindible nun concello da importancia demográfica de Arteixo. Un servizo que evitaría desplazamentos da nosa cidadanía e que baixaría a ratio de pacientes por médico e enfermería que hoxe en día temos as citas a unha semana das solicitudes. Ademais a mellora de servizos é unha demanda que o BNG de Arteixo leva solicitando e pedindo durante anos para que a sanidade arteixá de resposta ás necesidades da nosa cidadanía.